8 M - DÍA DA MULLER


MARZO EN FEMININO

O 8 de Marzo é un día para reivindicar a importancia da muller, e no Urbano Lugrís levamos a cabo varias propostas.

A primeira delas consistiu en que o alumnado explicara quen era a muller da súa vida, aquela que sempre está ahí, a máis importante, porque todos temos un referente femenino.





Doutra banda, os profesores de lingua castelá aproveitaron o 8M para demostrarlle ao alumnado a gran cantidade de escritoras que hai e houbo ao longo da historia, a pesares de non saír nos manuais.




Do mesmo xeito, dende a materia de Valores Éticos, afondaron na biografía e os hitos históricos que conseguiron un bo número de mulleres en prol dos dereitos humanos.

                                                       

    




Sen dúbida, e pese a estar relegadas durante moitos séculos, o papel da muller foi, é e será imprescindible no mundo. 

Clicade AQUÍ para ver a ficha das sufraxistas coa que traballaron os alumnos, que elaboraron mismamente un glosario sobre mulleres científicas relevantes, ó que podedes acceder pinchando neste link.

Comentarios

Entradas populares