A OLERÍA E A MULLER

SEGUNDA PARTE DE "SEN ELAS NON HAI OLERÍA"

Algúns dos nosos alumnos e alumnas puideron visitar Buño de xeito guiado, grazas á colaboración de Fran (Gorín), que nos fixo reparar con outros ollos nos espazos da nosa contorna, que nos amosou como se fai unha peza tradicional e tamén nos fixo partícipes do proxecto Zoquiñas Vermellas, co cal puidemos colaborar ao realizar unhas cantas pezas, que serán cocidas e barnizadas polos oleiros e oleiras para logo vender. Os fondos que se recauden serán donados á Asociación Mirabal, que acolle a mulleres víctimas de violencia de xénero. Esta asociación é a única en Galicia que permite a acollida dos fillos e fillas das mulleres maltratadas. Con esta iniciativa, o alumnado poderá colaborar cunha realidade ben dura, ademais de concienzarse sobre o tema.

Neste roteiro, Fran explicoulle ao alumnado a importancia que tiveron as mulleres no mundo da olería, pois aínda que sempre quedaron relegadas a un segundo plano e o seu nome non soía aparecer suscrito ás pezas, sen elas non sería posible realizalas, xa que eran as encargadas de encender os fornos comunais e de revisar os graos e o punto de cocedura das pezas que iban ao forno. E nesa época non era como oxe en día, xa que nunha mesma fornada se cocían todos os produtos de varios oleiros. Vaia se foron importantes as mulleres oleiras! Asemade, elas eran as encargadas de desfacer o barro, que chegaba en forma de pedra de cantería, e según o tipo de peza que se quixera lograr había que desfacer o o barro de distintos xeitos. 

Sen dúbida, foi un bo xeito de coñecer en primeira man o mundo da olería e de concienciarse sobre o feito de que SEN ELAS NON HAI OLERÍA.

Zoquiñas feitas polo alumnado
         

  

                            
                    Como traballaron!                                     
  
Demostración oleira

O alumnado estivo ben atento durante a demostración






Forno comunal

Ahí prendían o lume as mulleres


Hai ben fornos tradicionais sementados por Buño




Praza das zoquiñas vermellas






Comentarios

Entradas populares