A CREACIÓN PROPIA. FERRAMENTAS, FORMATOS E COÑECEMENTO


O 9 de maio tivo lugar na biblioteca un obradoiro no que se plantexou, a partires da transfomación de conflictos a través da arte e o xogo, a idea de que calquera persoa pode ser creadora. Quedou demostrado que conceptos como o talento, a creatividade e a motivación moitas veces poden crear obstáculos ou complexos, mais todos eles están dentro de nós. Por este motivo, partindo dun poema de Rosalía, o alumnado explorou as verbas que emerxen e destacan dos seus versos e, ao mesmo tempo, puxeron en práctica a escritura automática e o debuxo sen ningún tipo de expectativa. 
O principal obxectivo deste obradoiro foi poñer en valor o vivenvial e o coñecemento empírico como ferramenta de creación, ademais de ensinar os distintos formatos nos que se poden autoeditar as obras de creación propia. Neste caso, a creación final que se levou a cabo foi un fanzine colectivo. E todo isto levouse a cabo a través da obra de Rosalía de Castro e outras mulleres galegas escritoras, mulleres que expresan vivencias persoais nas sùas obras e sen as cales a literatura galega non sería o mesmo.
Con este obradoiro, ademais de aprender a ser creadoras, púxose de manifesto a importancia da muller na literatura e na creación libre.
E como non podía ser doutro xeito, o obradoiro foi impartido por unha excelente creadora, Irán Aranxa, a quen lle agradecemos enormemente todos os coñecementos e experiencias compartidos.

                                        








                                                   

Comentarios

Entradas populares