CONCEPCIÓN ARENAL

UNHA MULLER REFERENTE NA HISTORIA NACIONAL



Concepción Arenal foi unha escritora, periodista e activista pioneira dos movementos feministas pola igualdade de xénero ao longo do século XIX. Dende as clases de literatura castelá, o alumnado foi quen de comprobar a súa relevancia no mundo editorial e, sobre todo, no ámbito xornalístico. Pero a figura de Concepción esténdese máis aló do campo literario, xa que foi unha pioneira na historia nacional, pois pode dicirse que con ela nace o feminismo en España. Esta muller referente otorgoulle un papel fundamental á educación e á instrución da muller, chegando a afirmar que "es un error grave, y de los más perjudiciales, inculcar a la mujer que su misión única es la de esposa y madre; equivale a decirle que por sí no puede ser nada, y aniquilar en ella su YO moral e intelectual, preparándola con absurdos deprimentes a la gran lucha de la vida, lucha que no suprimen, antes la hacen más terrible, los mismos que la privan de fuerzas para sostenerla".

Do mesmo xeito, foi a primeira muller Visitadora de Prisións da Coruña, e primeira muller en desempeñar cargos destinados a homes.
Para comprobar a importancia da súa figura, o alumnado de 4º da ESO viu o documental sobre a súa vida e obra, para despois establecer un profundo debate. 

Adxuntamos o link do documental, para que todo aquel que o desexe poida velo e coñecer a importancia que tivo na literatura e na historia de España Concepción Arenal.

https://www.rtve.es/play/videos/mujeres-en-la-historia/mujeres-historia-concepcion-arenal-fuerza-ideal/823665/

Finalmente, o alumnado de 4º da ESO fixo un traballo de investigación de Concepción Arenal que podedes consultar pinchando neste enlace.

Comentarios

Entradas populares