MULLERES ILUSTRADORAS

O 16 de xuño veu dar un obradoiro ao IES a ilustradora pontecesá Sofía Fondo. A primeira parte foi máis ben teórica, pois explicoulle ao alumnado o grande abano profesional que ten o mundo da ilustración: os videoxogos, os cómics ou o deseño gráfico. 

            
     
   


E para captar a súa atención, puxo o seu traballo como exemplo. O burro que aparece nos iogures de Xanceda é obra súa, así como unha ilustración das Tanxugueiras que está correndo como pólvora polas redes sociais, e que foi titular de varios xornais comarcais como La Voz de Galicia De feito, o alumnado xa tiña vista esta ilustración e quedou moi sorprendido ao saber que diante deles estaba a súa creadora.


 


Se pinchades aquí poderedes ver un pequeno vídeo no que se mostra o proceso de creación desta ilustración tan coñecida e fermosa, que Sofía lles ensinou ao alumnado. Do mesmo xeito, explicoulles que debuxar ben é unha tarefa que require moito esforzo e, sobre todo, moita práctoica. De novo, volviu a expoñer o seu caso como exemplo, mostrándolle debuxos que foi facendo ao longo da súa vida, dende que era ben pequena ata o momento actual. A cara de sorpresa ao ver a evolución foi evidente!

Unha vez vista esta parte máis teórica, pasamos á acción. E como? Pois debuxando, por suposto. Para iso, doulles uns tips útiles, que poderán seguir empregando cando queiran debuxar.  A continuación, poderedes ollar algúns dos traballos do alumnado. Esperamos que vos gusten tanto como a nós.






               




           



          






               





                                       

Como podedes comprobar, temos moito talento entre o noso alumnado!!

Comentarios

Entradas populares