NON CANTO POR CANTAR

As pandereteiras de Mens foron un grupo de mulleres que levaron o canto a pandeireta na sangue, e son ben coñecidas en toda a comarca de Bergantiños. 

                            

Gran parte do alumnado coñecía a importantísima labor de transmisión do canto popular que levaron a cabo, mais non todos eran conscientes da súa relevancia. Por iso, xa a comezos de curso un grupo de cantareiras malpicanas viñeron ao centro a explicar o labor e as cantigas das pandereteiras de Mens. Asemadre, practicaron co alumnado algunhas coplas (algunhas xa creadas e outras de creación propia e en colaboración co alumnado) acompañados, por suposto, da pandeireta. Mais non só elas cantaron e tocaron, tamén alumnas e alumnos viñeron coas súas pandeiretas ao IES e as acompañaron nas aulas e no percorrido cantado que fixeron polo centro.

Foiche unha actividade ben divertida e divulgativa, porque o saber pode ser lúdico. Coñeceron de primeira man a importancia que estas cinco mulleres tiveron na música tradicional en toda Galicia, pois algunhas coplas que oxe en día se escoitan foron creadas por elas. 

 



 






 








                                                

Unha vez máis, acercáronse á importancia que a figura feminina tivo e ten no pobo de Malpica, sempre reducido ao mundo masculino e mariñeiro.

Esta actividade tivo a súa continuación uns meses despois coa visita a unha exposición (Non canto por Cantar) dedicada as mesmas pandereteiras de Mens. Poideron volver a escoitar e cantar, ademais de ver as imaxes na exposición, algunhas das súas coplas.

Asemade, descubriron que o arte da música galega tradicional segue moi presente oxe en día na comarca, tanto na propia exposición, pois recolle fotos e información de todas as mulleres que conforman os grupos de pandeireita e baile galego en Malpica na actualidade, como no visionado dun vídeo no que raparigos e raparigas de menos de 10 anos expoñen ben clariño a importancia de non perder unha tradición tan importante na nosa cultura.

Deixámosvos unha mostra do que poideron ver nesa exposición.

 

 




  



 




Comentarios

Entradas populares