O FIEITAL. AS REDEIRAS DE MALPICA

 

Nestas últimas semanas do curso, e tomando como referencia algunhas páxinas do libro Lembranzas de Malpica así como a sabiduría popular, estivemos a investigar sobre o oficio das redeiras. Centrámonos, como non podía ser doutro xeito, nas mulleres redeiras do pobo, que conforman a asociación O Fieital. Tras este traballo de investigación, o alumnado fixo unha breve exposición sobre as traballadoras que conforman esta asociación, en que consiste o seu traballo e as semellanzas e diferenzas que existen entra a arte redeiro do pasado e o da actualidade.

Como colofón a esta actividade, o alumnado acudiu ó Centro Comarcal de Buño a ver unha exposición sobre o oficio das redeiras e, máis concretamente, sobre a asociación o Fieital. Tiñan a lección ben aprendida, pois souberon repostar á maioría de preguntas que se lle fixeron.


 



 


          





 




O que non sabían é que estas redeiras non só se adican ó mundo do mar, senon que tamén fan productos artesanais (bolsos, pulseiras) do día a día.
As redeiras, sen lugar a dúbidas, estiveron relegadas no pasado a un segundo plano, pero sin elas os mariñeiros non houberan podido saír ó mar. O seu labor foi, é e seguirá sendo imprescindible.






Comentarios

Entradas populares