O PAPEL DA MULLER NAS RELACIÓNS AFECTIVO-AMOROSAS

 

Esta tarde a Orientadora do centro impartiu unhas charlas en varias aulas nas que explicou o papel que tiña e ten a muller na sociedade e, máis extensamente, nas relacións afectivo-amorosas. A finalidade foi facerlle ver ao alumnado as diferenzas existentes entre as liberdades que tiña a muller fai medio século fronte a actualidade, pois aínda que queda moito camiño por andar, si é certo que se produciron cambios importantes. 

Violencia de xénero, dereitos da muller, aborto, métodos anticonceptivos, machismos e micromachismos ou sociedade patriarcal foron algúns dos termos empregados nesta charla e sobre os que se debatiu posteriormente. Había ben sucesos relacionados coa "xerarquía" das relacións afectivas que o alumnado descoñecía. Sen lugar a dúbidas, resultoulles interesante e ben divertida esta tarde. E o máis importante, todos e todas aprenderon que hai que loitar polos dereitos da muller en calquera ámbito da vida.


  







Comentarios

Entradas populares